Creador freelance
É difícil expresar con palabras como teñen sido estes -case- dous meses de aventura profesional, pero desde logo todas as sensacións que teño son positivas. Nestas semanas puiden achegarme a diferentes proxectos, e ás persoas que os están a desenvolver. Coñecer as súas historias, o que hai detrás de cousas que consideramos triviais, ou os meses de traballo para un produto que consumimos en 3 minutos.
Un dos exemplos foi o AI Song Contest, a “Eurovisiónda Intelixencia Artificial”. Moitas galegas sentimos orgullo por estar representadas no festival, pero isto non tería sido posíbel sen o traballo do Equipo PAMP!, que este ano foi un paso máis aló cun tema -Florespiña- interpretado por unha Ana Kiro revivida mediante técnicas de IA para a ocasión.
O uso das intelixencias artificiais e as tecnoloxías dixistais están a cambiar a nosa vida diaria, en aspectos como o xeito de traballar, de educar, de facer negocios, de viaxar ou mesmo de relacionarnos, e en Galiza son cada vez máis as persoas, centros e institucións públicos e privados que están a traballar nos retos que supón a súa aplicación aos diferentes ámbitos para garantir que o seu so sexa lícito, ético e robusto.
Porque si, SOMOS POTENCIA. Tamén na IA.
Se vos interesa o tema, podedes ler a reportaxe que escribín para Nós Diario, ou escoitar as miñas impresións en Radiofusión.
Comunicación | Marketing | Tecnoloxía | Turismo