Creador freelance
Setembro, mes de comezos. Hai quen decide deixar para setembro os seus propósitos de aninovo. Facer do inicio do curso escolar o limiar de algo que está por vir: comezar a facer deporte, iniciarse nalgún novo quefacer ou… por que non? Montar a súa propia empresa.
Despois de ter diversas experiencias traballando por conta allea, cada cal máis enriquecedora ca a anterior, nas últimas semanas comezou a xermolar en min a idea de darlle forma a un proxecto propio. Non foi unha idea feliz, senón algo co que levaba soñando moito tempo, e que tiña aparcado nun recuncho do meu cerebro, agardando para atopar o momento axeitado. E creo que ese momento é AGORA.
Nestes días estou a perfilar o proxecto de empresa que quero para lanzarme a esta aventura que comezarei moi en breve, limando algún que outro detalle e preparando todo o papeleo para poder lanzar o meu OLA MUNDO!
Comunicación | Marketing | Tecnoloxía | Turismo